miércoles, 29 de abril de 2009

Próximos eventos.

FESTA DA XUVENTUDE EN SANTA MARÍA DE VIGO. + info cambrexoven.com

Venres 1 de Maio de 2009
A partir das 20 h.
CHURRASCADA
Pola noite, actuación de “Alarma e Ciclón”


CAMBRE RED. + info cambrexoven.com

O Concello de Cambre xunto co Grupo Xuvenil de Informáticos de Cambre (GXIC) e Axoi organiza entre os días 8 e 10 de maio o maratón informático CambRed_09, que terá lugar no Pabellón Polideportivo. A CambRED é unha concentración de aficionados á informática na que, ao longo de tres días, se realizarán actividades vencelladas coas novas tecnoloxías en formato de charlas e conferencias, pero tamén a través da zona de ocio habilitada para os asistentes e mailos visitantes

SELECCIÓN GRUPOS ROCK IN CAMBRE.+info.cambrexoven.com

Selección de grupos locais para o Rock In Cambre 2009
Entrada gratuita
Lugar: cervexería o Rincón de Cecebre.
Hora a partir das 22:00h
Tocarán:
Venres 24: Los Rockin'Kies e Brains Expired
Sábado 25: Embora e Hemacaos
Venres 15: Difteria e Bastards on Parade
Sábado 23: Extretxez Demente e Malasombra


GZ CREA UN CERTAME DE CREADORES NOVOS. + info cambre xoven.com

Inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, videoclips, composición para banda de música e deseño de xoias.Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2009.Prazo: ata o 5 de xuño de 2009Premios:* Un primeiro premio de 3.000 €* Un segundo premio de 1.500 €* Un terceiro premio de 1.000 €+ info, bases e inscripción en http://www.gzcrea.com/


A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E SOLIDARIEDADE CONVOCA CAMPOS DE TRABALLO PARA O VERÁN 2009.

Trátase de fomentar a colaboración desinteresada e voluntaria dos mozos e mozas en traballos de tipo cultural e etnográfico, ambientais, de construción e restauración, sociais ou arqueolóxicos.Requisitos: xoves maiores de 18 anos. A reserva de praza será a partir do 23 de abril.Ata o 14 de maio (incluídos), no caso dos campos de traballo no estranxeiro.Ata o 20 de maio (incluídos), no caso dos campos nas Comunidades Autónomas.No caso dos campos de traballo en Galiza, as prazas poderanse solicitar mentres existan vacantes, até tres días antes do inicio da actividade.As prazas nos campos de traballo en Portugal, mentres existan vacantes, poderanse solicitar até un mes antes do inicio da actividade.COTAS DE INSCRICIÓN: 72,00

+info cambrexoven.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario